Esta fin de semana o temporal deixou estragos en moitas zonas de Galicia, especialmente na Coruña.


Fixámonos en todo o que foi arrincado do seu lugar, roto, e ata onde chegaron os bancos, farolas e balaustrada de pedra. Ademais de árbores, terra e area que invadiron a estrada.
Tamén miramos despois outras noticias da semana pasada aquí en Moaña, relacionadas cos efectos do vento e o mar: O derrumbe das pedras do muelle de O Con; O barco varado na praia da Xunqueira...
E por último algúns nenos contaron tamén os efectos nas súas casas e fincas!
Despois, falando do mar,a profe preguntou ¿de qué cor é o Mar?, e aínda que a primeira resposta foi <azul> , despois de máis preguntas, chegamos a dicir que era transparente. Entón, por qué se ve case sempre azul ou verde?
Descubrimos que a razón é o ceo, a luz, e o fondo, principalmente, e segundo esas circunstancias, as cores e tonalidades varían. O ceo soe estar azul, por tanto a auga do mar reflicte a cor do mesmo. Pola noite é mas escuro porque non hai sol! Cando está o ceo gris e oscuro, o mar tamén o está. E no inverno acostuma estar máis oscuro que no verán pero depende do lugar do Planeta. Todo vai en función tamén do clima, a temperatura etc.
En canto ao verde, é segundo a cantidade e tipo de algas e outras microbacterias que hai na auga do mar.
E por qué soe estar máis oscuro canto máis se avanza cara o océano e máis clariño na beira e na costa?
Porque cambia segundo aumenta a profundidade. Na beira , con apenas fondo, vese máis a area! pero os fondos tamén poden ser moi diferentes, pois non sempre é area branca, gris ou beige, poder ser marrón, e case negra! Ata rojiza!
Buscando en Internet descubrimos que hai un MAR NEGRO e un MAR ROJO, vimos fotos e sinalámolos na bola do mundo. Pero, realmente non son literalmente desa cor.
O nome do Mar Rojo non fai referencia a unha verdadeira cor vermello, é probable que o nome faga alusión a unha bacteria que florece cerca da superficie da auga. Outra teoría propon que o nome se refire ás montañas cercanas, ricas en minerais rojos, as montañas rubí.
Ö nome de Mar Negro pode deberse a que a concentración de microalgas é moito maior, facendo que a cor das augas sexa escura!
Pero todo son efectos na vista, a auga é transparente en todos estes mares dos que falamos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario