mércores, 5 de febreiro de 2014

CANTO MIDE? CANTO MIDES? CANTO MIDEN?

Na escola temos moitas ocasións nas que nos xorde a necesidade de averiguar medidas de lonxitude, ancho, grosor,  ou estatura. 

Xa desde hai tempo usamos no recuncho de superexploradores unha cinta métrica para medir as pedras e en xeral as cousiñas da natureza que imos gardando neste recuncho. Gústalles usala e sobre todo desenroscala e volvela enroscar!  



Despois das vacacións de Nadal, Pablo trouxo un póster dunha xirafa que pegamos na parede e nos sirve para medirnos e compararnos. De momento só miramos pegando a cabeza ben na parede, pero faremos rexistros desa altura de cada neno/a dalgúns diversos xeitos. 


Por último, co gallo das esculturas que estamos a ver con motivo do proxecto, tamén estivemos a comparar as alturas de  5 estatuas  das máis altas do mundo. Para facernos unha idea comparamos co tamaño doutros obxectos, e pensamos cantos serían precisos para cubrir esa altura. Nós xa vimos as fotos das estatuas e sabemos onde se atopan.

E vós... podedes adiviñar de cales se tratan? E onde están?


1 comentario:

  1. guau!!! vaya diferencias que hay...y no parece que haya tanta diferencia de estaturas...

    ResponderEliminar