mércores, 30 de abril de 2014

AÍ VEN O MAIO

Nas aulas estivemos a preparar guirnaldas con PAMPULLOS para decorar o MAIO da escola.



 



 
Despois colocamos as guirnaldas e tódalas flores que trouxeron os nenos: ROSAS, CAMELIAS, DIGITALES, CALAS...e moitas máis.

 
O resultado final foi fantástico!
 
  E sacamos o MAIO para fóra e cantamos e bailamos arredor!
 

 
 

 
 

martes, 22 de abril de 2014

TRANSFORMADOS

Co programa Paint xogamos entre todos, na pizarra dixital, a mudar a apariencia e imaxe das Superpedras. Só hai que pensar o que lle queremos engadir, escoller a cor e a debuxar! 

De momento hai 6 transformados... a ver que vos parecen!





 


 


mércores, 9 de abril de 2014

CONSTRUIMOS CON ARXILA

A cada equipo tocoulle crear con arxila unha das moitas construcións que estivemos a ver este trimestre. A única axuda que tiñan eras as imaxes dos libros. 

A norma era que todos debían facer algo , construción cooperativa. Houbo problemas no proceso e iso obligounos a pensar e buscar estratexias. 


PONTE
elaborada por as Esfinxes


¿cómo conseguir que non caese e rompese polo medio?


LAVADOIRO
elaborado por As Estatuas da Liberdade


¿cómo lograr que todas as columnas midan o mesmo?


HÓRREO/CANASTRO 
elaborado por Os Pensadores


¿cómo conseguir aguantar tanto peso? ¿e cómo lograr que os paus se aguantasen?


 Témolos a secar e despois haberá que pintalos e poñerlle os tellados que faltan.




martes, 8 de abril de 2014

PETROGLIFOS

Dentro do noso proxecto esta semana traballamos os PETROGLIFOS. Na provincia de PONTEVEDRA existen numerosos lugares para poder observar estas manifestacións tan antigas que outras civilizacións deixaron gravadas na pedra coa axuda de ósos ou pedras afiadas para tallar as figuras na rocha.
Aquí temos algunhas fotos das que analizamos na clase, a maioría da zona de Campo Lameiro , e outros de Mogor (MARÍN) :








Fixámonos en que os motivos adoitan ser animais (cervos, cabalos, vacas, serpes) , persoas en diferentes actividades de caza ou loita, ferramentas, e círculos, espirais e outras combinacións de formas, e pensamos no por qué deses debuxos e non outros. Así mesmo lancei a pregunta: ¿Qué deixaríamos agora gravado nas pedras?

Na excursión que fixemos hoxe á Fabrica de Froitos Secos "EL NOGAL", tamén paramos a visitar o Castro Penalba, no monte Agüeiros, da parroquia de San Miguel en Campo Lameiro. Trátase dun dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia e alí mesmo, nunha roca, atópase o petroglifo A pedra da serpe.



venres, 4 de abril de 2014

MOMENTOS DE RECANTOS


ARTÍSTICO




CONSTRUCIÓNS

MATEMÁTICAS / SIMBÓLICO

SUPEREXPLORADORES


ORDENADOR E PIZARRA DIXITAL



xoves, 3 de abril de 2014

ARTE EN BURACOS: SEOANE


Esta semana sumamos á lista de artistas traballados este curso a LUIS SEOANE, un debuxante, pintor, grabador e escritor arxentino-galego que ten unha inmensa obra gráfica con referencias a Galicia, a través das paisaxes, as xentes, a historia, os costumes e tradicións. Ademais Seoane rendiu homenaxe á figura femenina e o seu rol tanto no campo laboral como familiar, como podemos ver na imaxe de abaixo.
No xogo de mirar polo buraco co sombreiro de pensar, estivemos a observar esta imaxe que corresponde a  Las mariscadoras (1969) :



Algunhas das hipóteses sobre o que estaría pintado na lámina foron:

- PERNAS
- AUGA
- CEO

O buraco foise facendo máis grande e finalmente xa case o tiñan adiviñado.

Constataron que o que primeiro vían eran brazos, non pernas, e axiña se deron conta que eran mulleres porque tiñan tetas. 

Con respecto a: Qué estan apañando? 

- PEDRAS
- ALGAS

E despois de pensar que cousas serven para comer que salgan do mar, sacamos por fin o MARISCO. E dentro deste os moluscos que se apañan así: ameixas, berberechos, navallas... Na imaxe só vemos boliñas negras e brancas...só Seoane o sabe.