sábado, 21 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL



¡Chegou o día da festa! As Superpedras chegaron radiantes de cor vermella e pasaron un día diferente na escola cheo de actuacións, aplausos, agasallos, e merendola de delicias aportadas polas familias

Antes de comenzar o Festival, na aula tivemos xa unha xornada especial, pois quitaron tódalas mesas e o feito de colocarnos en círculo coas sillas gustoulles moito.



Cando chegou o noso turno fomos para o escenario e alí cantamos e bailamos a nosa canción ¡Que ben o fixeron!



Despois falamos e entregamos os colgantes que fixeron esta semana, un recordo deste primeiro trimestre cunha pedriña incrustada como símbolo de SUPERPEDRAS! Ademais preparamos os dossieres con algúns dos traballos feitos ao longo destes meses e o boletín de avaliación!




Despois volvemos a actuar co resto de compañeiros e mirade que bonitos están todos xuntos



Esperamos que fose un bo día para as familias! Gracias a todos os que colaborastes!

Mais fotos no blog da escola: http://aescoladeverducedo.blogspot.com.es/2014/01/festival-de-nadal.html

martes, 17 de decembro de 2013

TIENE PELOOOOO!

Hoxe ao chegar á clase houbo unha sorpresa! A PepeLuis empezaron a saírlle os primeiros peliños! E a emoción dos nenos ó velo foi grande, escoitade:




En pouco tempo máis e iremos medindo canto crecen por día!


luns, 16 de decembro de 2013

QUE SIEMPRE SEA NAVIDAD!!


No Festival de Nadal imos cantar esta canción creada por Fofito y los Inhumanos para recaudar fondos para a AECC. Fixemos unha versión acortada e con moitos accesorios estamos a ensaiar para o venres actuar no escenario da escola! 

Podedes oíla aquí, e advirto, o estribillo é moi pegadizo!

sábado, 14 de decembro de 2013

A LUZ DO NADAL, CHEGANDO ESTÁ



09 -13 Decembro 

Recuncho do proxecto


Temos un álbum para gardas as fotos de pedras e construcións de pedras que tiñamos no recuncho. Agora están ben gardadas e clasificadas para ver e precisamente serviunos de guía para a seguinte actividade:

De todas as construcións que xa vimos desde que empezamos co proxecto, decidimos construir coas pedras que temos na nosa caixa , froito de acumulación destes meses, unhas recreacións de MEGALITOS , TOTEMS e CASTROS. Cada equipo fixo un tipo pero dentro dos megalitos aínda nos faltan os Dolmens, pois faltounos espazo para eles.

Foi moi divertido, desde ir buscar a terra e area para o chan ao patio, ata colocar as pedras buscando as que valían e as que non,  e facer os letreiros!




Recuncho de superexploradores


O Luns sacamos da caixiña a PepeLuis, un boneco cabezón cheo de sementes que bebe moita auga para que lle creza o pelo. Non sabemos canto vai tardar en crecer, pero estamos desexando que lle creza para facerlle peinados. 


O nome puxéronllo eles, eu chameille Pelón pero alguén suxeriu PepeLuis e por votación a todos lles gustou máis. Está preto da ventá e cada día botámoslle auga, pois ten que estar mollado sempre.


Recuncho artístico

Sara trouxo unhas caixiñas de cartón que foron para o recuncho artístico e alí as nenas xogaron a convertilas en paquetes de regalo. Cos recursos dispoñibles cada unha buscou a maneira de cubrila. Encántalles o papel brillante. Velaquí os resultados.



Actividades varias

-Concurso Envasarte

Non houbo sorte e non gañamos no concurso pero alegrámonos moito polos que sí o fixeron, porque tamén está moi chulo o seu xardín e casiña.Noraboa desde Moaña. Mirade a súa obra:

 http://www.misterpak.es/envasarte/obra/40/el-jardin-de-pepe

-Decoracións de Nadal

- Xa foron chegando as boliñas que levaron para decorar na casa e poñer na entrada do cole na árbore principal. Temos deseños moi orixinais, todas diferentes e todas requetelindas! Canto axudan estas familias!






- Fixemos unhas estreliñas coa nosa foto para o fondo do escenario do Festival, porque ese día os nenos e nenas seremos as estrelas da actuación.

- Preparamos uns triángulos con palabras para a nosa árbore xigante das palabras que irá tamén no fondo do escenario. Son as palabras que se nos veñen á cabeza cando falamos de Nadal, aquela cousa que máis nos gusta ou que máis asociamos co Nadal.Cada grupo do cole escolleu un idioma: en galego, castelán e inglés. Así será a nosa árbore plurilingüe.

- Elaboramos unhas flores nevadas para colgar na nosa aula con rollos de papel hixiénico. Primeiro pintaronse de blanco, despois cortáronse cada un en cinco aneis e por último grapáronse formando os pétalos das flores. Para darlle un toque navideño puxemos un chisco de cola e purpurina verde e azul.
E por fin cando secaron, a colgalas do teito! Mirade:







martes, 10 de decembro de 2013

venres, 6 de decembro de 2013

OLA DECEMBRO, XA OLES A INVERNO

Artistas musicais


Esta semana comezamos xa coas panxoliñas que imos cantar no Festival de Nadal do cole! 
Esta canción é a que cantaremos todos xuntos ao final do Festival.
Chámase ¡¡Xa me tardan estes magos!! , do grupo MAMÁ CABRA, e podedes escoitala aquí:



Actividades varias

- Envasarte
As mamis continuaron a colaborar na construción da nosa obra de arte para o concurso. Pegamos xa as columnas da ponte e puxemos as cordas! Ademais os nenos pintaron caixiñas de cartón para facer os coches para poñer ca carretera da Ponte de Rande.


Despois de rematalo todo sacamos as fotos fóra e subímolo á páxina web. 




- Educación Emocional
Seguimos co traballo das emocións e hoxe tocou falar da alegría. Co sombreiro de pensar contaron o que a cada un lle fai estar alegre e contento e despois debuxárono en pequenos folios e os mini dibus usámolos para facer un libriño "O que nos fai  estar contentos",  que gardaremos na nosa biblio de aula.

- Conto de nadal: O Crebanoces!

Aproveitando estas datas, coñecimos o famoso conto clásico El cascanueces y el rey de los ratones, de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann  versionado en especial para nenos neste video. O conto orixinal foi adaptado para representarse como ballet en teatros cunha banda sonora única composta por Chaikovski. Estrenouse en 1892 e desde esa continúa a representarse hoxe en moitas cidades de todo o mundo por diferentes compañías.




De feito se queredes velo en directo, o Venres 20 de decembro estará en Vigo, no Auditorio Mar de Vigo.