xoves, 30 de xaneiro de 2014

ABRÁZAME Y VUÉLVEME A ABRAZAR

Nesta xornada de celebración do Día da PAZ, saímos a fóra os tres grupos da escola para mostrar os debuxiños e fotos que cada un trouxo para pegar nas pombas. Cada grupo completou a súa pomba, despois os encargados do día, anoaronlle as 3 letras da palabra Paz no peteiro, e así as tres pombas xuntas quedaron colgadas no corredor da escola , para verense ben no alto , e por ambos lados. Alí enriba podemos miralas e recordar durante o curso qué era aquelo que dixéramos que nos axudaba a ter paz, para que nos momentos nos que pareza que non a temos, saber cómo buscala.

Logo todos xuntos cantamos unha canción de roda, a famosa " El patio de mi casa", pero coa letra cambiada. E ó rematar de cantar e bailar xuntos... había unha sorpresa: unha caixa cunha carta e tres maletíns, un para cada aula. Dentro deles había 3 supercapas que a fada SuperPaz nos enviou para que cando haxa problemas e conflitos nas aulas, o encargado do día poña a capa e tente axudar ós implicados. Porque a capa danos poder, poder de resolver! 


Por último disfrutamos dun chocolate quentiño con biscoitos e galletas que todos agardaban con impaciencia!



martes, 28 de xaneiro de 2014

A BICOS

Esta semana aprendimos esta nana, arrolo ou canto de berce en galego,titulado A Bicos e na fermosa voz de Fani Otero. Escoitámola no momento despois do recreo para calmarnos. Forma parte do CD Arrolos de Salitre, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, unha xoia que merquei no Nadal nun mercadillo solidario da CORUÑA.

Aquí vai un vídeo desta bonita peza, con imaxes dun obradoiro de nanas celebrado en Galicia, no que se fala da importancia deste tipo de cantos!


luns, 27 de xaneiro de 2014

THE BODY SONG

Aquí vos deixamos unha das cancións que están a aprender agora as superpedras coa Teacher Mónica.


CAMELIAS EN FLOR

Esta semana tamén chegou un agasallo para cada aula: un póster coas camelias que máis podemos atopar en Galicia. Contamos cantas veñen e son 12 variedades! Teñen cores moi diferentes: desde a branca, rosa claro, rosa intenso, vermello..



Neste tempo andan en flor e no xardín da escola temos a sorte de contar  cunha camelia, así que agora debemos investigar se se corresponde con algunha das que aparecen no póster. ¿Cal será? 

Como na clase temos algunha flor das que eles recollen no chan e traen do patio...miramos e comparamos. Fixámonos nos pétalos, pistilos, etc. e os nenos e nenas apostaban por dúas, pero non estábamos seguros. É difícil. 

¿Cereixa de Tollo ou Alejandro Mansilla?


Na clase dos Crocos e Crocas tamén apostan pola Sangre de Pichón


 ¿Vós cal credes que é?

venres, 24 de xaneiro de 2014

EU SON UN ARTISTA

Hoxe foi un día moi artístico! Xogamos a pintar coas nosas canicas grandes, facéndoas rodar polo papel e vendo os debuxos que se ían creando segundo o movemento que lle dábamos. A técnica é ben sinxela. Só se precisan: un par de canicas, unha caixa ou recipiente do tamaño do folio, un folio, e unhas pingas de témpera líquida. Cada un escolleu dúas cores e a rodarrrrrrrrrrr! ¡Os resultados foron xeniais! Mirade:




Despois tamén cantamos co DVD KARAOKE de Mamá Cabra na clase! 
As cancións máis populares foron : Eu son un artista, e  Glu glu glu





E a vós familias, cal vos gusta máis? 

xoves, 23 de xaneiro de 2014

NOVAS IMAXES PARA OS EQUIPOS

Hoxe miramos diferentes esculturas famosas, e falamos do que nos suxerían. Despois, coñecimos algo máis delas, e finalmente,  os nenos decidiron por votación cal querían para representar o seu equipo da aula. E estas foron as elixidas:

- CARLA   ANXO  PAULA  JUANJO   SAYRA  PABLO O Pensador


Non é de pedra, pero gustoulles moito. Foi creada en 1880 por Auguste Rodin,está fundida en bronce e atópase nun museo de París.


AITOR SARA GAEL OIHANE ADRIÁN AROA ÁNGEL IRATXE: A Estatua da Liberdade. 



Está construida por un escultor francés Frédéric Auguste Bartholdi e o enxeñeiro Gustave Eiffel, e foi un encargo de Francia para regalar aos estadounidenses en 1886 polo centenario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos. Está feita de   e atópase na illa da Liberdade ao sur de Manhattan, en Nova York.



- ANDREA RUBÉN YAGO BEA YERAY ROSA AINHOA XAVI: A Gran Esfinxe de Guiza.


Esta estatua non ten autor coñecido, está feita de roca caliza e dise que hai moitos, moitos, moitos anos, que foi construida, posiblemente no SXXVI a. C., á beira do río Nilo, na cidade de Guiza, en Exipto. A cabeza podría representar ao faraón Kefrén, e o corpo a forma dun león.


Ademais de quen a fixo, con qué material , cando,  e onde está agora,  seguiremos aprendendo cousiñas e anécdotas de cada unha destas esculturas. E por suposto buscando, mirando,  e comparando con outras famosas polo mundo, e en Galicia especialmente!

E vós familias, 

¿Tedes algunha escultura que vos guste especialmente por algo? 
¿Queredes compartila con nós?

 Pois mandade a foto ou o nome para buscala na clase e coñecela todos!

PEDRA TALLADA, PEDRA LABRADA, DEIXANDO NAS PEDRAS PEGADAS



Sentindo as estacións


Iratxe trouxo un novo mural do Inverno que fixeron na súa casa. Xa empeza a encherse o noso panel do Inverno.



Recuncho do proxecto 



Sara trouxo unha figura da súa tía que todos observamos e comentamos a cor, o tamaño, o que representa... Rubén dixo que parecía unha esfinge. Esa palabra rara deunos que falar, de pelis, de pirámides, de África... Pensamos sobre as ferramentas que serven para dar forma ás pedras.Tamén lembramos cómo se chaman os que fan esculturas ESCULTORES, que son artistas que fan figuras e estatuas de diverso material (non só de pedra); e diferenciamos dos que limpan, traballan e tallan a pedra en xeral para diferentes usos: CANTEIROS



Ademais a profe trouxo un libro que un amigo lle prestou, e que está cheo de fotos de monumentos da zona do Morrazo. Ten ata 13 tipos de construcións diferentes: megalitos, pontes, alpendres, igrexas, cruceiros, fontes, lavadeiros, muíños, fábricas, casas, museos, faros, e esculturas.

Algúns eran familiares, sabedes cales?


A estatua de Os Mariñeiros do paseo de Moaña, Os Faros de Cabo Home, e a praia da Borna..


Recuncho de superexploradores 

A raíz do fósil que trouxo Xavi, coa arxila probamos a cubrir unha cuncha de vieira por fóra e outra por dentro, para ver a diferencia entre o interior e o exterior. Están a secar. Tamén aproveitamos para deixar pegadas de elementos naturais: noces, landras, piñas, bugallos, follas e pedras... 








Actividades varias 


- A caixa da alegría 

Seguindo co tema da alegría, creamos unha caixa especial na que imos gardar as cousas alegres que nos suceden durante este curso. Tanto dentro do cole como fóra, podemos compartir aquelas cousas que nos fan estar alegres e felices, e gardalas escritas na caixiña para despois ler e lembrar. Porque as malas son para olvidar, e as boas para recordar! 


De momento hai dúas notas. A ver qué cousiñas e noticias alegres nos chegan! 


- Obradoiro de estimulación da linguaxe coa profe Marta 







venres, 17 de xaneiro de 2014

CRISTAIS E FÓSILES

Artistas musicais


Esta semana, retomando a actividade das emocións e da última emoción que traballamos antes do nadal: ALEGRÍA, descubrimos que hai unha canción especial que leva o nome da Alegría. Así aprendimos o Himno da alegría, que é un dos símbolos de Europa. Trátase dun himno que naceu da letra dun poema titulado Oda a la Alegría (An die Freude en alemán), escrito por Friedrich von Schiller en 1785, no que máis tarde, en 1824, se inspirou Beethoven para compoñer o último movemento da súa Novena Sinfonía para ser interpretado por un coro. A obra foi tan popular e fermosa que foi adaptado por Herbert von Karajan para crear o himno da Unión Europea en 1972.


O Himno é puramente instrumental debido ao gran número de idiomas en Europa, pero a maior parte das veces nas que se interpreta con coros é en alemán. Aquí temos unha versión cantada:


Despois fixeronse variacions de ritmo con diferentes estilos, así podemos atopar o himno en versión pop, rock, jazz...e múltiples formas de representación.

Sentindo as estacións

 Estrenamos o Inverno cun debuxiño de Ángel e unha obra de PICASSO que analizamos entre todos.
¿Qué lle pasa á señora?
Bea dixo que parecía que estaba triste pensando nos recordos do pasado.Despois fixándonos na roupa, entendimos que tiña frío, moito frío! E tamén aparecía unha fonte de auga. 

E as cores... que vos transmiten?


Recuncho do proxecto

Xavi trouxo un fósil xigante dunha cuncha! ¿Qué é un fósil? despois de dicir as súas ideas concluimos que son restos de animais ou vexetais que morreron hai moito tempo, que quedaron soterrados baixo a terra, area, e rocas que despois endureceron, quedando a forma externa ou interna desa planta ou animal.

No caso da cuncha, o que temos é o molde interno. As cunchas desapareceron e o interior quedou petrificado. unha pedra con forma de cuncha!

Tocámola, mirámola coa lupa e a linterna para fixarnos ben nas marcas, poros, fendas, etc. e pesámola na nosa báscula.E canto pesou? 1kg400g! Case non collía na bandexa!




Ademais o venres levei canicas grandes de cristal e observamos as diferentes cores e brillos. Contamos cantas temos e son 20 canicas! Falamos das diferenzas entre cristal e pedra  e logo xogamos con elas a meter goles nunha improvisada portería feita cunha caixa de galletas!  Gustoulles tanto que despois xogaron no recanto e seguiron practicando!



Recuncho de superexploradores

 Disolvemos sal en auga e teñimos de azul! Cando viron a transformación algún dixo " Es como el mar!" Tivemos que remover moito moito ata que os graos desapareceran...e poñer un cordón cun clip para que se empape da solución.


E cando a auga se evapore...que pasará? Canto tardará?....




Recuncho das construcións

Fixeron un gusano longuísimo e trataron de facer un castelo que viron nun libro.








Recuncho artístico





Con parte do material que reciclamos e que teñen á súa libre disposición neste recuncho,  algunhas nenas decidiron crear coches e camións. Foi interesante o proceso de búsqueda de estratexias diferentes para pegar as rodas. Ao final entre elas soas, lograron que se sostiveran! 


Recuncho matemático


 Preparando un novo recurso coas pinzas de números!




Actividades varias

Tivemos visita do pai e nai de AITOR que viñeron a facer un obradoiro de creación de pompóns de lá. Cada un fixo o seu e despois xuntámolos para facer unha eiruga colorida en honor ó conto de Unha Eiruga Moi Larpeira. Quedounos moi bonita! E chamáronlle Lis !



venres, 10 de xaneiro de 2014

CALENDARIO CASEIRO

Xa que empezamos novo ano, e precisamos un novo calendario, ¿ qué mellor que construilo nós mesmos?

Dous equipos encargáronse de realizar as follas de cada mes. A cada nenos deille unha cartulina verde e asigneille un mes.

1º Escribir o nome do mes.
2º Colorear a franxa baixo o nome.
3º Encher os cadriños dos días do mes, empezando polo 1, e continuando a serie ata o 30 ou 31 segundo o caso.

Amosándolles un calendario de mesa , eu  fíxenlles as columnas cos nomes abreviados dos 7 días da semana e as filas correspondentes a cantas semanas ten ese mes. Escribínlles a todos en qué día da semana comezaba cada mes, co 1,  e a partir de aí eles continuaban. Así comprobei ata qué número sabían escribir. Algúns de memoria, outros con axuda copiaban, e outros nin coa axuda. Pero é unha actividade que lles axuda a interiorizar mellor. 

     
1 libreto= ano
1 folla = mes
1 fila= semana
1 cadrado = día

E así poden contar as follas, as filas e os cadrados,  e facer contas de sumas,para responder a preguntas sobre cantos días, semanas etc.?  Isto vainos dar moito xogo a contar os meses dun ano, as semanas dun mes, os días dunha semana.. e incluso os días dun mes ou dun ano enteiro... Polo menos a asociar e entender a técnica vendo que os números representan os días!




xoves, 9 de xaneiro de 2014

COMEZO DE ANO, CONTENTOS ESTAMOS!

Voltamos todos á escola e comprobamos que seguimos igual de guapos e guapas e con moitas ganas de aprender e facer. 

Novos grupos

Agora, en vez de catro equipos, para ter máis espazo na aula, quitei unha mesa e deixei só 3. Ademáis cambiaron os compoñentes, a ver qué tal nos portamos cos compañeiros de equipo.
O que precisamos agora son novos nomes , e xa empezamos a pensar, algunha idea que saíu foi: 

- nomes de minerais
- nomes de estatuas ou esculturas de pedra coñecidas
- figuras de pedra (animais)

Agasallos

Os Reis deixaron caer algún agasallo para a clase , entre eles unha bola do mundo! Agora aprenderemos mellor os lugares e países cando falemos deles, sabendo onde están exactamente.



Tamén nos deron novos rotuladores de pizarra, pinturas especiais MaxiDacs que non manchan e pintan xenial, pinzas con números para usar en diferentes xogos...

E os Bolechas, por ter participado no concurso "Debuxa o teu cole", enviaron un caderno de actividades para cada un. Xa lle puxeron  o nome ao caderno e estrenaron as ceras para facer un autoretrato na primeira páxina. 

Natureza animada

E despois de abrir os regalos...miramos e saudamos a PEPE LUIS, e a que non sabedes como tiña o pelo?
 Largo? Noooooon.   Larguísimo? Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.

Lucía unha super melena! Pero apenas podía mirar e algúns peliños xa estaban marelos, así que coas tesoiras o encargado axudoume a cortarlle un pouco os cabelos e poñerlle un chicho, qedou lindo ou non? 

VELAQUÍ CANTO LLE CRECEU NAS VACACIÓNS. 


AQUÍ O SEU ASPECTO ACTUAL TRAS A SESIÓN DE PERRUQUERÍA



E o amigo que vedes ao seu lado é PINCHIÑO, o novo cactus que trouxo a profe Cris para que PEPELUIS teña compaña na ventana! 

Tocamos para ver se pinchaba ou non e fixarnos na súa forma e tamaño. En realidade hai un tallo alto e ao redor seis máis baixiños. son de tipo columnas e á hora de responder a ¿A que vos recordan? A eles recórdanlles a tubos, paus, gusanos, patacas fritas, dedos...

Cando preguntei onde había cactus e onde crecían, alguén dixo:

- Nos desertos

Pero despois de falar entre todos averiguamos que non todos precisan estar nun deserto, xa que aquí en Galicia vémolos en xardíns, praias, etc. Aroa dixo que en Nerga vira un grande. Outros dixeron que nas súas casas tamén tiñan. Agora temos que coidalo e se o facemos ben irán chegando máis cactus para aprender máis sobre eles, porque hai tantos diferentes...