xoves, 30 de xaneiro de 2014

ABRÁZAME Y VUÉLVEME A ABRAZAR

Nesta xornada de celebración do Día da PAZ, saímos a fóra os tres grupos da escola para mostrar os debuxiños e fotos que cada un trouxo para pegar nas pombas. Cada grupo completou a súa pomba, despois os encargados do día, anoaronlle as 3 letras da palabra Paz no peteiro, e así as tres pombas xuntas quedaron colgadas no corredor da escola , para verense ben no alto , e por ambos lados. Alí enriba podemos miralas e recordar durante o curso qué era aquelo que dixéramos que nos axudaba a ter paz, para que nos momentos nos que pareza que non a temos, saber cómo buscala.

Logo todos xuntos cantamos unha canción de roda, a famosa " El patio de mi casa", pero coa letra cambiada. E ó rematar de cantar e bailar xuntos... había unha sorpresa: unha caixa cunha carta e tres maletíns, un para cada aula. Dentro deles había 3 supercapas que a fada SuperPaz nos enviou para que cando haxa problemas e conflitos nas aulas, o encargado do día poña a capa e tente axudar ós implicados. Porque a capa danos poder, poder de resolver! 


Por último disfrutamos dun chocolate quentiño con biscoitos e galletas que todos agardaban con impaciencia!



1 comentario: