sábado, 15 de febreiro de 2014

Y LLOVERÁ, Y LLOVERÁ, Y LLOVERÁ

Canción da semana




















Esta semana aprendimos unha bonita canción moi acorde ao tempo que nos acompaña últimamente! Ademáis serviunos para aprender un pouco máis sobre as letras e as palabras e para facer rimas!
Fixándonos nas últimas palabras de cada frase, vimos a rima de  llover, calzaré, pies e pondré.

 Despois vimos que o nome da profe Cris e o de cada neno e nena rima con algunha palabra..
Gustounos moito como sonaban os novos apelidos rimosos!!

Cristina-Pegatina

Adrián-Pan   Rubén-Tren   Carla-Barca  Gael-Miel   Xavi-Lapis   Aitor-Aviador
Pablo- Saco  Rosa-Mariposa  Iratxe-Mapache  Juanjo-Blanco
Anxo- Pato  Paula-Sauna  Sara-Vara  Yago-Mago  Noa- Roca
Aroa- Amapola  Oihane-Tomate  Angel- Arte  Yeray-Caray
Sayra-Gaita  Bea-Marea  Andrea-Gallega


E o voso familias? A buscar palabras que tamén rimen! 

Aquí temos un exemplo de cómo cantan... pero algúns teñen aínda que aprendela mellor, ou perder a vergonza a cantar! :)


Recuncho do proxecto

Aquela auga azul con sal disolta xa empezou a transformarse, a evaporarse , e xa apareceron hai unha semana pedriñas de sal pegadas ó cordón! 

A nós recórdanos á neve, ou escarcha de xeo nas ramiñas das árbores, e a vós?¿?





Actividades varias
- Entroido


Xa temos escollidos os instrumentos que cada un vai levar na festa do Entroido: tambores,maracas e paus de chuvia! Estamos recopilando e preparándo o material de reciclaxe para a próxima semana elaboralos! 


Ademáis xa levamos tamén as telas para casa para elaborar os nosos disfraces da CHARANGA DE VERDUCEDO!  E xa temos unha canción preparada que inventaron os nenos e nenas de 3 anos!! 

¡Músicos ao tren, que o Entroido xa ven!


- Pintamos con palliñas.

Falando da forza do vento que move as cousas e axuda ás ondas do mar a ser máis grandes.. e falando da chuvia que non nos abandona...xogamos a soprar pingas de auga de cor , e canto máis forte sopramos, máis corre a auga polo papel e máis se expande.







 

- Visita da profe EVA

Tivemos a visita sorpresa da profe Eva, que con motivo do Día de San Valentín, veu a contarnos unha historia e un conto moi bonito " Un amor tan grande ! 



Ademais regaloulles unhas pegatinas chulisimas de corazóns aos nenos e nenas e unha piruleta pa endulzar aínda máis o día. Eles quedaron encantados coa visita e a profe Eva moi contenta de escoitar e mirar a estes alumnos que están xa moi maiores e tiñan moito que contarlle!

1 comentario:

  1. Qué guay lo del cordón!!!!! Está genial la idea....Nosotros compramos un set para hacer piedras de cristal...pero indica que es para mayores de 10 años...no nos dimos cuenta....

    ResponderEliminar