xoves, 6 de febreiro de 2014

FUN Á ESCOLA DE VERDUCEDO, FUN POLO AIRE E VIN POLO VENTO

Seguimos cun tempo tolo pero facendo moitas cousiñas, queredes saber a qué andivemos esta primeira semana de Febreiro?

Recuncho do proxecto


Aprendimos curiosidades da estatua da liberdade como por exemplo:

- Está nunha illa.
- Mide 98 metros.
- Pódese subir por dentro nun ascensor e chegar á cabeza da estatua, desde onde se pode mirar a cidade de NY .


Recuncho de superexploradores

Seguimos observando e analizando a camelia e as súas partes. Ademais vimos a evolución que sufriu nunha semana dentro da caixa de "A ver que pasa!" . Cambios de cor, olor, textura, consistencia...

recén collida do campo: rosa, bo olor, tersa, dura

despois de 3 días: marrón, peor olor, brandiña e rompediza, pétalos caídos.



Recuncho artístico

Cun dos libros sobre arte con pedras que temos neste recuncho, Bea e Paula decidiron crear animais e en 2 días mirade que ben o lograron!




Recuncho das construcións

Aroa e Carla decidiron facer unha granxa e pediron por favor retratar a súa obra que tanto lles levou facer! Usaron todas as pezas e.. colorida e florida quedou!




Recuncho do ordenador

Gael, Aitor, Adrián e Rosa en diferentes momentos desta semana





Recuncho das palabras


Sayra xogando cos estuches do curso pasado cos nomes dos nenos da clase.


Actividades varias
-Música reciclada

Probamos a producir sons con materiais de reciclaxe
 Botes de cristal de diferentes tamaños, caixas de latón, caixas de cartón...e tocamos coas mans, cun lapis, e con outras cousas que atopamos na aula para ver cómo soaba según cambiamos o material.

Cos tarros de cristal probamos a colocalos de pé, tumbados, tapados, sen tapar, e o son variaba...

Así tocaban as superpedras na caixa  :

Despois tratamos de facer ritmos xa que o Entroido se aproxima e imos ir de CHARANGA!




- O sombreiro de pensar

Esta semana falamos dos amigos e a amizade.

Ante a pregunta ¿qué é un amigo?
Bea respondeu:

Una amiga es más que una amiga, es como una hermana

A partir de aquí iniciamos o faladoiro e del sacamos cousas como:

- Un amigo/a é alguén con quen xogamos e o pasamos ben
- Podemos ter amigos da mesma idade, maiores ou máis pequenos
- Podemos ter amigos chicos e chicas
- Os animais tamén poden ser os nosos amigos
- Un amigo axúdanos, prestános as súas cousas, invítanos á súa casa... e nós a el tamén.
- Se alguén nos pega, insulta ou molesta, non queremos ser o seu amigo
- Os mellores amigos son cos que máis tempo pasamos porque son cos que máis disfrutamos.
- Temos amigos na escola e fóra dela.
- Podemos facer amigos novos no parque, no xardín, na praia, na piscina...
- Os papás e mamás tamén teñen amigos.
- As mamás e as amigas falan e toman café.
- Os papás e os amigos ven o fútbol, van aos bolos...
- Os amigos dos papás dannos regalos e tratános ben.
- A vida sen amigos sería moi aburrida

Ningún comentario:

Publicar un comentario