venres, 21 de febreiro de 2014

A CHARANGA DE VERDUCEDO, NON PARA DE TRABALLAR, SÓ QUEDA UNHA SEMANA PARA O GRAN DÍA DESFILAR

Esta semana xa empezamos animados co Entroido /Carnaval.
Na aula escribimos, entre todos, a palabra colorida cos paus novos cos que estamos a xogar en matemáticas. Así vimos que tamén serven para crear palabras.
 
Aaproveitamos as flores colgantes de Nadal para darlles cor e alegrar a clase. Además inventamos outros adornos que tamén colgamos e unha vez postos recordábanos a esas casiñas onde se pousan loros e outros paxaros.



 
 
 Con axuda dalgunhas familias elaboramos os instrumentos que imos levar para facer festa na rúa.
 
TAMBORES, MARACAS E PAUS!
 
 

 
 

Os traxes están a facerse na casa , e algúns xa me contaron que o probaron e lles queda moi ben... Mirade o debuxo: a que imos ir guapos?
Con volantes elegantes, e de cores brillantes!
 
 
E por último os sombreiros, están xa case todos rematados!
Fácil e bonito con Follas e Bugallos!
 



 

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario