xoves, 26 de xuño de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO

Este ano, para o fin de curso, As Superpedras prepararon unha actuación basada na canción Pan de Millo , recollida no último álbum do grupo musical Migallas. A canción explica o proceso de facer PAN DE MILLO, desde a plantación da semente do millo ata a elaboración no forno do pan.
 
Levounos tempo preparar todos os utensilios e obxectos, facer uns mandiles moi bonitos con letras de cores, e ensaiar, xa que cada un tivo o seu rol na representación e tiñan que estar moi atentos ao seu turno.
 
 
 Os nenos estiveron moi motivados desde os primeiros ensaios e chegado o día fixérono estupendamente.

 
 Ó final repartimos pan de millo entre o público, e estes quedaron encantados!
 
 
Despois actuaron co rap en inglés preparado pola Teacher Mónica. Mirade que ben caracterizados foron.


 
 
Foi un gran final de curso cheo de emocións e actividade!  Gracias ás familias por asistir, pola vosa colaboración e polos agasallos que nos destes ás mestras!
 
Foi un pracer traballar este ano en Verducedo, moita sorte a todos e todas para o próximo curso e feliz verán!
 
Bicos e apertas
 
A profe Cris

venres, 20 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Chegou a terceira semana de XUÑO e última semana do curso chea de eventos e moito traballo na escola.

O Xoves 19 de Xuño, fomos de Excursión á ILLA de SAN SIMÓN como saída final do curso. O paseo en barco pola ría foi emocionante e pasar por debaixo da ponte de Rande tamén.

 
Na illa contáronnos cousas sobre a Batalla de Rande e os restos dun tesouro de pedras preciosas e xoias que din que todavía anda agochado nalgún lugar nos arredores da illa.

 

Comemos despois na Xunqueira, en Meira, con moitas das familias que nos acompañaron.

 

 
 

martes, 27 de maio de 2014

VERMES DE SEDA

O Xoves 24 de Abril, chegaron á clase das SUPERPEDRAS, 3 vermes da seda que trouxo SAYRA nunha caixa de cartón. Estaban xa moi crecidos e gordechos e aínda seguiron a comer follas de moreira durante unha semana. Vimos os muitos pés que teñen, en cómo se moven,  fixámonos na cara, e os máis atrevidos tocáronos para apreciar a suavidade.




Ao pouco tempo un dos vermes fixo o seu casulo, amarelo, e perfectamente tecido. Unha marabilla! Ao día seguinte un segundo casulo apareceu xa feito, esta vez, máis clariño. O terceiro dos vermes en cambio, saiu da caixa e apareceu morto no chan.

Desde que os vermes quedan pechadiños nos casulos, supostamente pasan 15-20 días dentro ata que saen convertidos en bolboretas. 
Así pasou, que desde o 30 de abril e 1 de maio, pasaron as semanas e o día mércores 21 de maio naceu a primeira bolboreta!




Un día máis tarde, sorpresa de novo! o xoves 22 de maio, puidemos coñecer a segunda bolboreta. E non só iso, puidemos atopar 12 oviños 
amarelos ao lado da primeira bolboreta.     






Ningunha botou a voar, sempre estiveron na caixa sen apenas moverse. 
E case ao final da mañá xuntáronse, cú con cú e así quedaron.
E unha semana despois...o Luns 27 de Maio apareceron un montón de ovos!!
 Que pasada!!






luns, 26 de maio de 2014

TRANSFORMADOS II

Despois da primeira tanda de Transformados cambiamos o xogo a outra modalidade. Agora o neno ou nena da foto decide en qué quere transformarse e os compañeiros van engadindo co programa os complementos necesarios.

Deste xeito temos máis claro o qué facer e o protagonista da foto queda satisfeito co resultado.

Así, probamos con PABLO, SARA, ANXO E AROA e foi moi divertido.

Podían escoller un animal, un oficio, unha personaxe de contos, un héroe ou debuxo animado, etc.

E aquí temos:
A BOMBEIRA  

O PIRATA


O BATMAN

A PAIASA




martes, 20 de maio de 2014

MISTURAS DE CORES

Aproveitando os colorantes alimentarios que usamos para dar cor á solucion de polvo de alumbre que puxemos a cristalizar,seguimos xogando a teñir a auga e facer misturas.

Como o verde xa o fixéramos...usamos o vermello co amarelo, que nos deu laranxa intenso; e o vermello co azul, que nos deu violeta. Os nenos encántalles ver as gotas de tinte expandirse na auga e ver como acaban convertíndoa toda nunha cor. Ademais disfrutan xogando a adiviñar a cor que vai saír.

Despois pensamos que podíamos facer con esa auga tintada e ocorréusenos meter dentro pedras para ver se conseguirían teñirse. 




Co paso dunha semana, e vendo que as pedras seguían igual.. probamos a meter tamén outras cousas: unha pinza de madeira, un pau depresor, un trozo de cartón e unha flor amarela.


Pasaron os días e a auga violeta quedou azul clariña, e no recipiente laranxa, quedou tamén máis clara, case amarela. Sería a luz? Serían as cousas que metimos que absorberon máis certa cor? Ou sería menos intenso o tinte vermello? É como se lle quitásemos o vermello a ambas misturas.



E por fin xa algunha pedra colleu cor, pero só manchiñas.



O que metimos á marxe das pedras...sí que se teñiu! 
As tres cousas do recipiente laranxa así quedaron!












luns, 19 de maio de 2014

EXPERIMENTOS CON PÓ DE POTASIO. CREANDO NOVOS CRISTAIS

Misturamos auga quente con pó de alumbre de potasio e tintamos con colorante azul. Enchimos en tapóns que previamente cubrimos con pó e cola branca. Deixamos ao sol e a esperar.


A solución sobrante engadímoslle tinte amarelo e tamén nunha bandexa ao sol.



Os tapóns, ao chover un pouco o finde secaron pero sen cor, así que decidimos engadirlle unhas gotas despois de secos. Pero non quedaron os cristais tan grandes como os da bandexa



Por outra banda os cristais da bandexa ao secar quedaron desta cor turquesa / augamariña! E brillan máis!

Metímolos nun tarro de cristal e puxemos estas pedriñas para decorar! 
Así lucen máis e mellor!