sábado, 30 de novembro de 2013

SUPERMAMIPEDRAS NA ESCOLA , A PONTE DE RANDE XA MOLA


Recuncho de superexploradores

- Coñecimos o papel lixa e xogamos a frotar as pedras con el para ver qué lles pasaba. Fixámonos tamén como soa ao frotar e como queda o papel.

Actividades varias

- A Ponte de Rande

Esta foi unha semana moi intensa, xa que tivemos traballo de construcción da nosa ponte de Rande para o concurso Envasarte. Os nenos con axuda de mamás que viñeron á escola, clasificaron os bricks, pintaron os bricks de cores para as torres, bricks de cor negra para a estrada...e pouco a pouco xa a nosa ponte foi collendo forma. Mirade cómo traballamos!

 Pero aínda nos faltan detalles que rematar a próxima semana.



- Este papeliño é ...

Elaboramos unha folla de texturas con diferentes tipos de papeis: lixa, hixiénico, seda, cartón, regalo... e comparamos cales eran máis suaves e cales máis ásperos.

- Excursión á escola infantil do Con.

Fumos visitar o planetario hinchable instalado no pavillón da escola do Con. Fixemos turnos para entrar e mentres xogamos e merendamos no seu patio! Despois aínda tivemos tempo para ir ata o Parque de Meira e xogar todos xuntos. Pasámolo estupendo!
As fotos poden verse no blog xeral da escola:
PLANETARIO


- Festa dos cumpreanos de Novembro! 

No noso grupo estivo de aniversario Ángel, que xa ten 4 anos! Moitos parabéns lle demos e aplaudimos e cantamos cando soprou as velas da tarta. Se queredes ver o vídeo da festa, entrade no blog da escola:    CUMPLES DE NOVEMBRO

domingo, 24 de novembro de 2013

CONTRA O FRÍO, EU SORRÍO


 Nova canción da mañá: Soy una taza, una tetera

Artistas musicais (cada semana tras o recreo): Look always on the bright side of life



Esta coñecida melodía da película "A vida de Brian", é un canto pola vida que invita a mirar sempre o lado da vida máis guay, o lado bo das cousas, o lado brillante ou como o queiramos chamar. A cuestíón: ser positivos. Esta é unha versión en piano, e curiosamente os rapaces saben tocar ao revés. Nós practicamos na mesa cos dedos e xogamos a tocar pianos imaxinarios. Ademais consegue transmitir esa boa onda cando a escoitamos! 


Recuncho de superexploradores

Transformamos pedras en monigotes con sombreiro gracias a carapuchos das landras ou bellotas que algún neno trouxo.



                                                             Recuncho matemático

- Tivemos novos xogos da aula de 3 anos: xoaniñas, pinchos, e relaciona.
- Creamos un xogo de memory manufacturado coas fotos dos buscadores de pedras e as tapas de plástico grandes das botellas . ¡A atopar a parella!

 

Recuncho das construcións

Fixeron un piano moi colorido 

Actividades varias

- Concurso de Os Bolechas "Debuxa o teu cole"

Participamos neste concurso no que só por enviar os debuxos regalan ao cole uns libros.



- Día dos dereitos da infancia

Foi o aniversario de algo, que non era persoa nin cousa, eran os DEREITOS DA INFANCIA, e cumpriron 24 anos! Nós falamos do que eran os DEREITOS, algo difícil de explicar, porque non se ven nin se oen nin se tocan, pero que todos os nenos cando nacen teñen e deben ser respectados. Coa axuda de Pocoyó e os seus amigos repasamos 4 dos 10 dereitos fundamentais. Vimos vídeos e cada un elaborou unhas fichas pa levar de recordo e gardar. Porque as cousas importantes hai que recordalas! Velaquí o enlace dos vídeos que se poden atopar na páxina de UNICEF:   

DERECHOS DE LA INFANCIA

- Espazo das emocións


Aproveitando os murais/collages das emocións que fixemos a semana pasada, temos novo espazo na asemblea dedicado ás emocións. Ademais antes de ir para casa cada un pon a súa foto en función de como foi o día, debaixo da pedriña contenta ou da triste, e contamos por qué.

  

- Todos contamos
Representación do conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para o público da clase de 5 anos e a profe Lucía.

Despois de tanto ensaiar, por fin actuamos ante os compañeiros! Mirade cómo o fixeron:







luns, 18 de novembro de 2013

XA TEMOS 80 BRICKS!!

En 3 días xa conseguimos pasar dos 50 bricks! Estas familias son moi colaboradoras!



Agora toca decidir qué construir. Algo que todos coñezan e seña de aquí de Galicia e próximo.

Algunhas ideas que saíron:

- Ponte de Rande
- O fisgón

Faremos a votación e en breves empezaremos a super envasartistada!

venres, 15 de novembro de 2013

SAN MARTIÑO PASAMOS, E Á ESCOLA VOLTAMOS!

Nova canción da mañá: A mi burro, a mi burro

Artistas musicais (cada semana tras o recreo): 


Esta semana escoitamos o "Outono" de Vivaldi, unha peza clásica e moi propia destas datas. O que máis lles gusta son os fortes contrastes na intensidade da melodía, como cambia de repente o volume de moi baixiño a máis alto. en xeral é unha melodía alegre, e anímanos. 

Recuncho de superexploradores

- Sorpedra sorpedra!

Levei pedras con musgo recollidas no entorno do Lago Castiñeiras para ver cómo nas pedras poden vivir seres.

Outro día levei unha pedra especial por algo. ¿por qué sería? Porque pesaba moitísimo! A máis pesada que temos ata agora. E por qué pesa tanto? Porque ten ferro dentro, un metal que a fai pesada.

A última pedra que vimos foi a Amatista, unha pedra preciosa de cor violeta que trouxen da casa como un recordo dunha viaxe de miña nai. Axiña a identificaron no poster de minerais e despois buscamos o país de procedencia no mapa: Brasil. Qué país tan grande comparado con España! e que xigante é o mundo visto no mapa que tanto nos custou colocar na aula.
 

- "A ver que pasa" 
Miramos a pel de laranxa que xa leva dúas semanas. Curiosamente aínda ule moi ben e non lle saiu moho como á mazá. O cambio principal foi poñerse moi moi dura. pregunteilles que se podía facer con esa monda, se se podía comer. Dixeron que non porque era piel. Algún dixo que había que tirala. Eu suxerinlles usalas para facer perfumadores de roupa, colonia, ou para crear obras de arte, cortándoa en anacos que xa eles mesmos fixeron coas mans.

- Tamén temos novo experimento: meter un ovo en vinagre e a ver que lle pasa o luns cando cheguemos á clase. Apostas: que vai sair un poliño, que vai romper, que cambiará de cor..

Recuncho matemático

Co cartón da caixa de pegamentos da clase, fixen un xogo de pezas insertables para xogar a construir esculturas con volume.Desde 2 ata as que poidan apoiarse e sosterse, xogaron a crear.



Recuncho das palabras

Xogando a crear e escribir palabras de diversas tarxetas con letras de madeira móviles, con letras móviles tamén pero impresas en cartulina e con velcro, ou a escribir eles mesmos na pizarra con rotuladores.








Actividades varias
- Excursión -
Fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro da compañia coruñesa Elefante Elegante, que fai teatro visual dirixido a público infantil, basado sobre todos nos xestos e movementos e enriquecido con música, danza, luces e outras manifestacións plásticasA obra titulábase Nuncabunga, un espectáculo cómico e poético sen palabras , que pesar de que os asentos non permitían aos nenos ver ben, foron capaces de entender, xa que o día seguinte na clase, entre todo lembramos a historia e contamoslla aos que non puideron vir.

Un collage de emocións-

Coa colaboración das familias e dentro dun programa para traballar a Intelixencia emocional na etapa, fixemos por equipos un mural/collage de cada unha das 4 emocións básicas: tristeza, alegría, enfado e medo. Unha vez acabados os 4 collages, comentamos un por un na asemblea para que cada un explicase a foto ou debuxo que trouxo da casa e entre todos falar desas emocións e de como as identificamos. Seguiremos usándoos para cando xurdan conflitos e para o "sombreiro de pensar" no que falaremos máis a fondo de cada un desas emocións, das cousas que nos provocan sentirnos así e do que podemos facer para controla-las.



 
- Todos contamos -

En colaboración co grupo de 5 anos da nosa escola estamos a facer unha actividade á que chamamos "Todos contamos" e que consiste en contarse contos dun grupo a outro. A idea é que o grupo prepara o conto e decide a maneira de contalo tratando de empregar diferentes técnicas e recursos nas diferentes sesións. Esta semana fomos nós de invitados á aula dos delfins de 5 anos para ver o conto "A figueira de Pelos Tortos", que prepararon con imaxes escaneadas e voces gravadas por eles.

Como a próxima semana tócanos a nós presentar un conto, estivemos a preparar o de 
"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" .

Imos facelo cantado, tal e como aparece neste vídeo que a eles tanto lles gusta: 


Xa asignamos os papeis de animais e creamos as cacas de pomba, vaca e lebre e decidimos usar para a do cabalo as noces, e para a cabra as castañas. Para porco e toupiña hai que facelas aínda. 



venres, 8 de novembro de 2013

SEMANA DO 4 AO 8 DE NOVEMBRO

Nova canción da mañá: Para dormir a un elefante

Artistas musicais (cada semana tras o recreo)
Coñecimos a Suite no.1 en Sol Mayor  de Johann Sebastian Bach, tamén coñecida como "Cello song" , unha peza moi bonita feita para un solo de violonchelo, que seguro vos soa de escoitar nalgún anuncio da tele. Algún soubo dicir que era un violonchelo e vimos a diferencia co violín en fotos. Agora saben que o cello é máis grande e haino que tocar sentado e colocado entre as pernas.



Tamén escoitamos unha versión deste clásico algo máis animada.


Recuncho do proxecto


Esta semana tivemos novas aportación do papá de Sara, que trouxo rochas de Zaragoza.


Foron 7 pedras que fomos observando, tocando, ulindo, e xogando a buscar parecidos razonables. Saíron cousas como: pan, nubes, triángulo, tarta con nata...Tamén se fixaron que unha delas é a máis grande que temos e chámanlle a xigante. Outra blanca din que pinta como xiz.

Eu tamén lles trouxen unha pedra da que xa falaramos e viramos nas fotos dos buscadores de pedras: Pedra pómez! Puideron comprobar a aspereza e o pouco que pesa comparado con tódalas que temos na aula. 


Fixeron hipóteses de por qué era a única que flotaba... e despois de comprobar que o tamaño non era a razón porque as pedras pequeniñas tamén se afundían, aprenderon que é porque está chea de aire,e ten moitos poros , porque se formou ao enfriar a lava moi rapido.


Tamén sacamos os xeos con pedriñas que conxelamos o venres pasado. Foi moi diver! Nos equipos foron tocando e observando e contamos o pouco tempo que tardaron en desfacerse comparado co que tardan en  conxelarse. A calor das mans facía que se desfixeran.  

Recuncho de superexploradores

Algúns tiveron ganas de plantar e ainda que non tiñamos sementes, usaron unha folla como planta. tiñan claro que precisaba auga e terra, pero estando seca, xa non vai medrar. Ao menos agora o testo non loce vacío e a folla ten onde estar.


                                                              
   Recuncho artístico



Descobriron gamas e tons de verdes xogando coas mesturas, as mans e os pinceis.




Actividades varias

- Xogamos nas mesas por equipos a " Acercar a pedra". Cada un ten unha pedriña pequena e no medio da mesa hai unha grande.Por turnos hai que lanzar a pedra coa man e tratar de achegala o máximo posible á grande. Despois probamos a lanzar só cun dedo, co codo, co nariz...

- Xogo de buscar "A pedra escondida". Un neno ou nena saía da aula mentres o resto escondíamos unha pedra nun lugar. Ao entrar todos facíamos un zumbido para guialo cara a pedra agochada. Canto máis próximos máis intenso o son, e máis lonxe, silencioso.


Magosto

- Elaboramos os envases persoais para meter as castañas o Venres na festa do Magosto na que participan as familias. Aproveitando a metade dun brick e decorando con papel de embalaxe e unha castaña colorida.

- Decoramos o mural conxunto de infantil que se puxo na entrada da escola, pegando follas secas a modo de chan.

- Fixemos o mural dos bolos para incluir este xogo na ronda de 4 xogos rotatorios do Venres antes da merenda das castañas.

- O Venres comimos e xogamos fóra na festa coas familias invitadas e colaboradoras nas brasas para asar castañas e chourizos!

luns, 4 de novembro de 2013

CONCURSO "ENVASARTE"





Comezamos a semana cunha tarefa especial. A clase de 4 anos das Superpedras queremos participar neste concurso no que nos propoñen un divertido reto:

Construir un monumento, obra de arte o lo que más os guste reutilizando al menos 50 envases de Tetra Pak. La construcción ganadora se llevará 2.000 € en material escolar para la clase y un libro electrónico para el profesor o profesora.
 
Los envases pueden estar pintados, envueltos, deconstruidos o decorados de cualquier forma, y se podrán utilizar otros materiales complementarios para realizar la obra artística.
 
Una vez finalizada, la obra deberá subirse al minisite www.misterpak.es/envasarte y conseguir un mínimo de 50 votos para pasar a la fase final del concurso.
 
 
Temos ata o 9 de Decembro para realizar a obra e subir as fotos. Así que hai que empezar por apañar os tetra bricks e cando teñamos os 50 , construir algo como grandes envasartistas!!

Agardando a colaboración das familias, xuntos faremos un bo equipo!