Hoxe foi un día moi artístico! Xogamos a pintar coas nosas canicas grandes, facéndoas rodar polo papel e vendo os debuxos que se ían creando segundo o movemento que lle dábamos. A técnica é ben sinxela. Só se precisan: un par de canicas, unha caixa ou recipiente do tamaño do folio, un folio, e unhas pingas de témpera líquida. Cada un escolleu dúas cores e a rodarrrrrrrrrrr! ¡Os resultados foron xeniais! Mirade:
Despois tamén cantamos co DVD KARAOKE de Mamá Cabra na clase!
As cancións máis populares foron : Eu son un artista, e Glu glu glu
E a vós familias, cal vos gusta máis?
Ningún comentario:
Publicar un comentario