Xa que empezamos novo ano, e precisamos un novo calendario, ¿ qué mellor que construilo nós mesmos?
Dous equipos encargáronse de realizar as follas de cada mes. A cada nenos deille unha cartulina verde e asigneille un mes.
1º Escribir o nome do mes.
2º Colorear a franxa baixo o nome.
3º Encher os cadriños dos días do mes, empezando polo 1, e continuando a serie ata o 30 ou 31 segundo o caso.
Amosándolles un calendario de mesa , eu fíxenlles as columnas cos nomes abreviados dos 7 días da semana e as filas correspondentes a cantas semanas ten ese mes. Escribínlles a todos en qué día da semana comezaba cada mes, co 1, e a partir de aí eles continuaban. Así comprobei ata qué número sabían escribir. Algúns de memoria, outros con axuda copiaban, e outros nin coa axuda. Pero é unha actividade que lles axuda a interiorizar mellor.
1 libreto= ano
1 folla = mes
1 cadrado = día
E así poden contar as follas, as filas e os cadrados, e facer contas de sumas,para responder a preguntas sobre cantos días, semanas etc.? Isto vainos dar moito xogo a contar os meses dun ano, as semanas dun mes, os días dunha semana.. e incluso os días dun mes ou dun ano enteiro... Polo menos a asociar e entender a técnica vendo que os números representan os días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario