xoves, 23 de xaneiro de 2014

PEDRA TALLADA, PEDRA LABRADA, DEIXANDO NAS PEDRAS PEGADAS



Sentindo as estacións


Iratxe trouxo un novo mural do Inverno que fixeron na súa casa. Xa empeza a encherse o noso panel do Inverno.



Recuncho do proxecto 



Sara trouxo unha figura da súa tía que todos observamos e comentamos a cor, o tamaño, o que representa... Rubén dixo que parecía unha esfinge. Esa palabra rara deunos que falar, de pelis, de pirámides, de África... Pensamos sobre as ferramentas que serven para dar forma ás pedras.Tamén lembramos cómo se chaman os que fan esculturas ESCULTORES, que son artistas que fan figuras e estatuas de diverso material (non só de pedra); e diferenciamos dos que limpan, traballan e tallan a pedra en xeral para diferentes usos: CANTEIROS



Ademais a profe trouxo un libro que un amigo lle prestou, e que está cheo de fotos de monumentos da zona do Morrazo. Ten ata 13 tipos de construcións diferentes: megalitos, pontes, alpendres, igrexas, cruceiros, fontes, lavadeiros, muíños, fábricas, casas, museos, faros, e esculturas.

Algúns eran familiares, sabedes cales?


A estatua de Os Mariñeiros do paseo de Moaña, Os Faros de Cabo Home, e a praia da Borna..


Recuncho de superexploradores 

A raíz do fósil que trouxo Xavi, coa arxila probamos a cubrir unha cuncha de vieira por fóra e outra por dentro, para ver a diferencia entre o interior e o exterior. Están a secar. Tamén aproveitamos para deixar pegadas de elementos naturais: noces, landras, piñas, bugallos, follas e pedras... 








Actividades varias 


- A caixa da alegría 

Seguindo co tema da alegría, creamos unha caixa especial na que imos gardar as cousas alegres que nos suceden durante este curso. Tanto dentro do cole como fóra, podemos compartir aquelas cousas que nos fan estar alegres e felices, e gardalas escritas na caixiña para despois ler e lembrar. Porque as malas son para olvidar, e as boas para recordar! 


De momento hai dúas notas. A ver qué cousiñas e noticias alegres nos chegan! 


- Obradoiro de estimulación da linguaxe coa profe Marta 







Ningún comentario:

Publicar un comentario