venres, 17 de xaneiro de 2014

CRISTAIS E FÓSILES

Artistas musicais


Esta semana, retomando a actividade das emocións e da última emoción que traballamos antes do nadal: ALEGRÍA, descubrimos que hai unha canción especial que leva o nome da Alegría. Así aprendimos o Himno da alegría, que é un dos símbolos de Europa. Trátase dun himno que naceu da letra dun poema titulado Oda a la Alegría (An die Freude en alemán), escrito por Friedrich von Schiller en 1785, no que máis tarde, en 1824, se inspirou Beethoven para compoñer o último movemento da súa Novena Sinfonía para ser interpretado por un coro. A obra foi tan popular e fermosa que foi adaptado por Herbert von Karajan para crear o himno da Unión Europea en 1972.


O Himno é puramente instrumental debido ao gran número de idiomas en Europa, pero a maior parte das veces nas que se interpreta con coros é en alemán. Aquí temos unha versión cantada:


Despois fixeronse variacions de ritmo con diferentes estilos, así podemos atopar o himno en versión pop, rock, jazz...e múltiples formas de representación.

Sentindo as estacións

 Estrenamos o Inverno cun debuxiño de Ángel e unha obra de PICASSO que analizamos entre todos.
¿Qué lle pasa á señora?
Bea dixo que parecía que estaba triste pensando nos recordos do pasado.Despois fixándonos na roupa, entendimos que tiña frío, moito frío! E tamén aparecía unha fonte de auga. 

E as cores... que vos transmiten?


Recuncho do proxecto

Xavi trouxo un fósil xigante dunha cuncha! ¿Qué é un fósil? despois de dicir as súas ideas concluimos que son restos de animais ou vexetais que morreron hai moito tempo, que quedaron soterrados baixo a terra, area, e rocas que despois endureceron, quedando a forma externa ou interna desa planta ou animal.

No caso da cuncha, o que temos é o molde interno. As cunchas desapareceron e o interior quedou petrificado. unha pedra con forma de cuncha!

Tocámola, mirámola coa lupa e a linterna para fixarnos ben nas marcas, poros, fendas, etc. e pesámola na nosa báscula.E canto pesou? 1kg400g! Case non collía na bandexa!




Ademais o venres levei canicas grandes de cristal e observamos as diferentes cores e brillos. Contamos cantas temos e son 20 canicas! Falamos das diferenzas entre cristal e pedra  e logo xogamos con elas a meter goles nunha improvisada portería feita cunha caixa de galletas!  Gustoulles tanto que despois xogaron no recanto e seguiron practicando!



Recuncho de superexploradores

 Disolvemos sal en auga e teñimos de azul! Cando viron a transformación algún dixo " Es como el mar!" Tivemos que remover moito moito ata que os graos desapareceran...e poñer un cordón cun clip para que se empape da solución.


E cando a auga se evapore...que pasará? Canto tardará?....




Recuncho das construcións

Fixeron un gusano longuísimo e trataron de facer un castelo que viron nun libro.








Recuncho artístico





Con parte do material que reciclamos e que teñen á súa libre disposición neste recuncho,  algunhas nenas decidiron crear coches e camións. Foi interesante o proceso de búsqueda de estratexias diferentes para pegar as rodas. Ao final entre elas soas, lograron que se sostiveran! 


Recuncho matemático


 Preparando un novo recurso coas pinzas de números!




Actividades varias

Tivemos visita do pai e nai de AITOR que viñeron a facer un obradoiro de creación de pompóns de lá. Cada un fixo o seu e despois xuntámolos para facer unha eiruga colorida en honor ó conto de Unha Eiruga Moi Larpeira. Quedounos moi bonita! E chamáronlle Lis !



Ningún comentario:

Publicar un comentario