O Xoves 24 de Abril, chegaron á clase das SUPERPEDRAS, 3 vermes da seda que trouxo SAYRA nunha caixa de cartón. Estaban xa moi crecidos e gordechos e aínda seguiron a comer follas de moreira durante unha semana. Vimos os muitos pés que teñen, en cómo se moven, fixámonos na cara, e os máis atrevidos tocáronos para apreciar a suavidade.
Ao pouco tempo un dos vermes fixo o seu casulo, amarelo, e perfectamente tecido. Unha marabilla! Ao día seguinte un segundo casulo apareceu xa feito, esta vez, máis clariño. O terceiro dos vermes en cambio, saiu da caixa e apareceu morto no chan.
Desde que os vermes quedan pechadiños nos casulos, supostamente pasan 15-20 días dentro ata que saen convertidos en bolboretas.
Así pasou, que desde o 30 de abril e 1 de maio, pasaron as semanas e o día mércores 21 de maio naceu a primeira bolboreta!
Un día máis tarde, sorpresa de novo! o xoves 22 de maio, puidemos coñecer a segunda bolboreta. E non só iso, puidemos atopar 12 oviños
amarelos ao lado da primeira bolboreta.
Ningunha botou a voar, sempre estiveron na caixa sen apenas moverse.
E case ao final da mañá xuntáronse, cú con cú e así quedaron.
E unha semana despois...o Luns 27 de Maio apareceron un montón de ovos!!
Que pasada!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario