martes, 13 de maio de 2014

PRÉNDETE AO GALEGO! CORRELINGUA 2014

O Martes 13 de Maio, fomos de excursión a BUEU para celebrar o CORRELINGUA deste ano.
 
Para este evento, os nenos e profes levamos unhas camisetas customizadas por nós con rotuladores especiais. Cada un escolleu unha palabra en galego que escribiu e ilustrou por diante. E na parte de atrás o seu nome e o da escola. Aquí podedes ver as creacións:
 
 
Tamén elaboramos uns broches co lema PRÉNDETE AO GALEGO que levamos postos.




 
 
Así de preparados fomos no bus e cando chegamos xogamos en diferentes estacións a xogos populares e despois sentámonos a merendar. Algúns rapaces maiores leron en galego e rapearon en favor da nosa lingua. Trala merenda comezou o tan esperado concerto de PABLO DÍAZ, e que ben o pasamos cantando e bailando as súas cancións.
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario