luns, 5 de maio de 2014

MINICONTOS

Con motivo do Día do libro, o pasado 23 de Abril , cada neno elaborou un mini libro que despois levou para casa para inventar unha historia e coa axuda da familia escribila e editala. Así unha vez rematada a idea era traer os minicontos á clase para lelos todos xuntos.
 
Cada un creou o que lle gustaba e colaborou da forma que quixo, escribindo algunha palabra e facendo debuxos e outras decoracións. Os resultados foron estupendos e moi variados.
 
De momento tivemos as edicións de PAULA, YAGO, IRATXE, OIHANE, RUBÉN, PABLO,CARLA, GAEL.
 
Mirade que bonitos!
 

 
 
 


 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario