martes, 20 de maio de 2014

MISTURAS DE CORES

Aproveitando os colorantes alimentarios que usamos para dar cor á solucion de polvo de alumbre que puxemos a cristalizar,seguimos xogando a teñir a auga e facer misturas.

Como o verde xa o fixéramos...usamos o vermello co amarelo, que nos deu laranxa intenso; e o vermello co azul, que nos deu violeta. Os nenos encántalles ver as gotas de tinte expandirse na auga e ver como acaban convertíndoa toda nunha cor. Ademais disfrutan xogando a adiviñar a cor que vai saír.

Despois pensamos que podíamos facer con esa auga tintada e ocorréusenos meter dentro pedras para ver se conseguirían teñirse. 




Co paso dunha semana, e vendo que as pedras seguían igual.. probamos a meter tamén outras cousas: unha pinza de madeira, un pau depresor, un trozo de cartón e unha flor amarela.


Pasaron os días e a auga violeta quedou azul clariña, e no recipiente laranxa, quedou tamén máis clara, case amarela. Sería a luz? Serían as cousas que metimos que absorberon máis certa cor? Ou sería menos intenso o tinte vermello? É como se lle quitásemos o vermello a ambas misturas.



E por fin xa algunha pedra colleu cor, pero só manchiñas.



O que metimos á marxe das pedras...sí que se teñiu! 
As tres cousas do recipiente laranxa así quedaron!












Ningún comentario:

Publicar un comentario