luns, 28 de outubro de 2013

SEMANA do 21 ao 25 de OUTUBRO

Nova canción da mañá


  Tengo una hormiguita.  Cantámola coas diferentes vogais, e é moi divertido!

Artistas musicais (cada semana tras o recreo)

Coñecimos a unha gran banda inglesa: The Beatles  e o tema " Here comes the sun". 
Failles gracia ver as súas fotos e os peinados que tiñan. Gústalles a súa música así que seguiremos vendo máis temas deles. Seguro que nas casas podedes oír e cantar con eles.


Actividades varias

- Con motivo do SAMAÍN..

               Elaboramos un mural coa profe Mari.




            Tivemos a colaboración de Vane, a nai de Aitor, para facer uns morcegos con rollos de papel hixiénico e decorar o noso corredor. Quedamos encantados coa súa axuda. Gracias por vir Vane!

- Elaboramos puzzles reversibles con caixas de cereais e debuxos persoais sobre " A miña casa"

- Con motivo do día 24 como Día das Bibliotecas, entre os nenos de 5 e 4 anos, elaboramos o cartel das Normas da  biblioteca da nosa escola, e firmamos para deixar constancia de que todos estamos de acordo coas mesmas e imos cumplilas.






Sentindo as estacións


- Tivemos aportacións de Rubén, que fixo un camión moi curioso que recolle as follas do chan e de Aroa (debuxo) 



Así de cheíño está xa o corcho



Cousas que están mal ou "cousas por mellorar"

- De novo deixaron o baño cheo de auga e trozos de papel empapado polo mesado e no chan. 

- Xogaron con pinceis e vasos que non necesarios para beber nin para lavar as mans. 

- Deixaron o rollo de papel tirado no chan e logo empápase e non podemos usalo.

1 comentario:

  1. Ola, encantame a idea da música, polo menos a Aroa e algo que lle encanta¡¡¡ e moitos xogos novos para ela, e que agora entendo porque quere xogar cos xogos gardados que tiñamos de fai anos.....
    Gran traballo
    Saudos Bane

    ResponderEliminar