venres, 10 de xaneiro de 2014

CALENDARIO CASEIRO

Xa que empezamos novo ano, e precisamos un novo calendario, ¿ qué mellor que construilo nós mesmos?

Dous equipos encargáronse de realizar as follas de cada mes. A cada nenos deille unha cartulina verde e asigneille un mes.

1º Escribir o nome do mes.
2º Colorear a franxa baixo o nome.
3º Encher os cadriños dos días do mes, empezando polo 1, e continuando a serie ata o 30 ou 31 segundo o caso.

Amosándolles un calendario de mesa , eu  fíxenlles as columnas cos nomes abreviados dos 7 días da semana e as filas correspondentes a cantas semanas ten ese mes. Escribínlles a todos en qué día da semana comezaba cada mes, co 1,  e a partir de aí eles continuaban. Así comprobei ata qué número sabían escribir. Algúns de memoria, outros con axuda copiaban, e outros nin coa axuda. Pero é unha actividade que lles axuda a interiorizar mellor. 

     
1 libreto= ano
1 folla = mes
1 fila= semana
1 cadrado = día

E así poden contar as follas, as filas e os cadrados,  e facer contas de sumas,para responder a preguntas sobre cantos días, semanas etc.?  Isto vainos dar moito xogo a contar os meses dun ano, as semanas dun mes, os días dunha semana.. e incluso os días dun mes ou dun ano enteiro... Polo menos a asociar e entender a técnica vendo que os números representan os días!




xoves, 9 de xaneiro de 2014

COMEZO DE ANO, CONTENTOS ESTAMOS!

Voltamos todos á escola e comprobamos que seguimos igual de guapos e guapas e con moitas ganas de aprender e facer. 

Novos grupos

Agora, en vez de catro equipos, para ter máis espazo na aula, quitei unha mesa e deixei só 3. Ademáis cambiaron os compoñentes, a ver qué tal nos portamos cos compañeiros de equipo.
O que precisamos agora son novos nomes , e xa empezamos a pensar, algunha idea que saíu foi: 

- nomes de minerais
- nomes de estatuas ou esculturas de pedra coñecidas
- figuras de pedra (animais)

Agasallos

Os Reis deixaron caer algún agasallo para a clase , entre eles unha bola do mundo! Agora aprenderemos mellor os lugares e países cando falemos deles, sabendo onde están exactamente.



Tamén nos deron novos rotuladores de pizarra, pinturas especiais MaxiDacs que non manchan e pintan xenial, pinzas con números para usar en diferentes xogos...

E os Bolechas, por ter participado no concurso "Debuxa o teu cole", enviaron un caderno de actividades para cada un. Xa lle puxeron  o nome ao caderno e estrenaron as ceras para facer un autoretrato na primeira páxina. 

Natureza animada

E despois de abrir os regalos...miramos e saudamos a PEPE LUIS, e a que non sabedes como tiña o pelo?
 Largo? Noooooon.   Larguísimo? Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.

Lucía unha super melena! Pero apenas podía mirar e algúns peliños xa estaban marelos, así que coas tesoiras o encargado axudoume a cortarlle un pouco os cabelos e poñerlle un chicho, qedou lindo ou non? 

VELAQUÍ CANTO LLE CRECEU NAS VACACIÓNS. 


AQUÍ O SEU ASPECTO ACTUAL TRAS A SESIÓN DE PERRUQUERÍA



E o amigo que vedes ao seu lado é PINCHIÑO, o novo cactus que trouxo a profe Cris para que PEPELUIS teña compaña na ventana! 

Tocamos para ver se pinchaba ou non e fixarnos na súa forma e tamaño. En realidade hai un tallo alto e ao redor seis máis baixiños. son de tipo columnas e á hora de responder a ¿A que vos recordan? A eles recórdanlles a tubos, paus, gusanos, patacas fritas, dedos...

Cando preguntei onde había cactus e onde crecían, alguén dixo:

- Nos desertos

Pero despois de falar entre todos averiguamos que non todos precisan estar nun deserto, xa que aquí en Galicia vémolos en xardíns, praias, etc. Aroa dixo que en Nerga vira un grande. Outros dixeron que nas súas casas tamén tiñan. Agora temos que coidalo e se o facemos ben irán chegando máis cactus para aprender máis sobre eles, porque hai tantos diferentes...




sábado, 21 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL



¡Chegou o día da festa! As Superpedras chegaron radiantes de cor vermella e pasaron un día diferente na escola cheo de actuacións, aplausos, agasallos, e merendola de delicias aportadas polas familias

Antes de comenzar o Festival, na aula tivemos xa unha xornada especial, pois quitaron tódalas mesas e o feito de colocarnos en círculo coas sillas gustoulles moito.



Cando chegou o noso turno fomos para o escenario e alí cantamos e bailamos a nosa canción ¡Que ben o fixeron!



Despois falamos e entregamos os colgantes que fixeron esta semana, un recordo deste primeiro trimestre cunha pedriña incrustada como símbolo de SUPERPEDRAS! Ademais preparamos os dossieres con algúns dos traballos feitos ao longo destes meses e o boletín de avaliación!




Despois volvemos a actuar co resto de compañeiros e mirade que bonitos están todos xuntos



Esperamos que fose un bo día para as familias! Gracias a todos os que colaborastes!

Mais fotos no blog da escola: http://aescoladeverducedo.blogspot.com.es/2014/01/festival-de-nadal.html

martes, 17 de decembro de 2013

TIENE PELOOOOO!

Hoxe ao chegar á clase houbo unha sorpresa! A PepeLuis empezaron a saírlle os primeiros peliños! E a emoción dos nenos ó velo foi grande, escoitade:




En pouco tempo máis e iremos medindo canto crecen por día!


luns, 16 de decembro de 2013

QUE SIEMPRE SEA NAVIDAD!!


No Festival de Nadal imos cantar esta canción creada por Fofito y los Inhumanos para recaudar fondos para a AECC. Fixemos unha versión acortada e con moitos accesorios estamos a ensaiar para o venres actuar no escenario da escola! 

Podedes oíla aquí, e advirto, o estribillo é moi pegadizo!

sábado, 14 de decembro de 2013

A LUZ DO NADAL, CHEGANDO ESTÁ



09 -13 Decembro 

Recuncho do proxecto


Temos un álbum para gardas as fotos de pedras e construcións de pedras que tiñamos no recuncho. Agora están ben gardadas e clasificadas para ver e precisamente serviunos de guía para a seguinte actividade:

De todas as construcións que xa vimos desde que empezamos co proxecto, decidimos construir coas pedras que temos na nosa caixa , froito de acumulación destes meses, unhas recreacións de MEGALITOS , TOTEMS e CASTROS. Cada equipo fixo un tipo pero dentro dos megalitos aínda nos faltan os Dolmens, pois faltounos espazo para eles.

Foi moi divertido, desde ir buscar a terra e area para o chan ao patio, ata colocar as pedras buscando as que valían e as que non,  e facer os letreiros!




Recuncho de superexploradores


O Luns sacamos da caixiña a PepeLuis, un boneco cabezón cheo de sementes que bebe moita auga para que lle creza o pelo. Non sabemos canto vai tardar en crecer, pero estamos desexando que lle creza para facerlle peinados. 


O nome puxéronllo eles, eu chameille Pelón pero alguén suxeriu PepeLuis e por votación a todos lles gustou máis. Está preto da ventá e cada día botámoslle auga, pois ten que estar mollado sempre.


Recuncho artístico

Sara trouxo unhas caixiñas de cartón que foron para o recuncho artístico e alí as nenas xogaron a convertilas en paquetes de regalo. Cos recursos dispoñibles cada unha buscou a maneira de cubrila. Encántalles o papel brillante. Velaquí os resultados.



Actividades varias

-Concurso Envasarte

Non houbo sorte e non gañamos no concurso pero alegrámonos moito polos que sí o fixeron, porque tamén está moi chulo o seu xardín e casiña.Noraboa desde Moaña. Mirade a súa obra:

 http://www.misterpak.es/envasarte/obra/40/el-jardin-de-pepe

-Decoracións de Nadal

- Xa foron chegando as boliñas que levaron para decorar na casa e poñer na entrada do cole na árbore principal. Temos deseños moi orixinais, todas diferentes e todas requetelindas! Canto axudan estas familias!






- Fixemos unhas estreliñas coa nosa foto para o fondo do escenario do Festival, porque ese día os nenos e nenas seremos as estrelas da actuación.

- Preparamos uns triángulos con palabras para a nosa árbore xigante das palabras que irá tamén no fondo do escenario. Son as palabras que se nos veñen á cabeza cando falamos de Nadal, aquela cousa que máis nos gusta ou que máis asociamos co Nadal.Cada grupo do cole escolleu un idioma: en galego, castelán e inglés. Así será a nosa árbore plurilingüe.

- Elaboramos unhas flores nevadas para colgar na nosa aula con rollos de papel hixiénico. Primeiro pintaronse de blanco, despois cortáronse cada un en cinco aneis e por último grapáronse formando os pétalos das flores. Para darlle un toque navideño puxemos un chisco de cola e purpurina verde e azul.
E por fin cando secaron, a colgalas do teito! Mirade:







martes, 10 de decembro de 2013