sábado, 14 de decembro de 2013

A LUZ DO NADAL, CHEGANDO ESTÁ



09 -13 Decembro 

Recuncho do proxecto


Temos un álbum para gardas as fotos de pedras e construcións de pedras que tiñamos no recuncho. Agora están ben gardadas e clasificadas para ver e precisamente serviunos de guía para a seguinte actividade:

De todas as construcións que xa vimos desde que empezamos co proxecto, decidimos construir coas pedras que temos na nosa caixa , froito de acumulación destes meses, unhas recreacións de MEGALITOS , TOTEMS e CASTROS. Cada equipo fixo un tipo pero dentro dos megalitos aínda nos faltan os Dolmens, pois faltounos espazo para eles.

Foi moi divertido, desde ir buscar a terra e area para o chan ao patio, ata colocar as pedras buscando as que valían e as que non,  e facer os letreiros!




Recuncho de superexploradores


O Luns sacamos da caixiña a PepeLuis, un boneco cabezón cheo de sementes que bebe moita auga para que lle creza o pelo. Non sabemos canto vai tardar en crecer, pero estamos desexando que lle creza para facerlle peinados. 


O nome puxéronllo eles, eu chameille Pelón pero alguén suxeriu PepeLuis e por votación a todos lles gustou máis. Está preto da ventá e cada día botámoslle auga, pois ten que estar mollado sempre.


Recuncho artístico

Sara trouxo unhas caixiñas de cartón que foron para o recuncho artístico e alí as nenas xogaron a convertilas en paquetes de regalo. Cos recursos dispoñibles cada unha buscou a maneira de cubrila. Encántalles o papel brillante. Velaquí os resultados.



Actividades varias

-Concurso Envasarte

Non houbo sorte e non gañamos no concurso pero alegrámonos moito polos que sí o fixeron, porque tamén está moi chulo o seu xardín e casiña.Noraboa desde Moaña. Mirade a súa obra:

 http://www.misterpak.es/envasarte/obra/40/el-jardin-de-pepe

-Decoracións de Nadal

- Xa foron chegando as boliñas que levaron para decorar na casa e poñer na entrada do cole na árbore principal. Temos deseños moi orixinais, todas diferentes e todas requetelindas! Canto axudan estas familias!






- Fixemos unhas estreliñas coa nosa foto para o fondo do escenario do Festival, porque ese día os nenos e nenas seremos as estrelas da actuación.

- Preparamos uns triángulos con palabras para a nosa árbore xigante das palabras que irá tamén no fondo do escenario. Son as palabras que se nos veñen á cabeza cando falamos de Nadal, aquela cousa que máis nos gusta ou que máis asociamos co Nadal.Cada grupo do cole escolleu un idioma: en galego, castelán e inglés. Así será a nosa árbore plurilingüe.

- Elaboramos unhas flores nevadas para colgar na nosa aula con rollos de papel hixiénico. Primeiro pintaronse de blanco, despois cortáronse cada un en cinco aneis e por último grapáronse formando os pétalos das flores. Para darlle un toque navideño puxemos un chisco de cola e purpurina verde e azul.
E por fin cando secaron, a colgalas do teito! Mirade:







Ningún comentario:

Publicar un comentario