martes, 8 de abril de 2014

PETROGLIFOS

Dentro do noso proxecto esta semana traballamos os PETROGLIFOS. Na provincia de PONTEVEDRA existen numerosos lugares para poder observar estas manifestacións tan antigas que outras civilizacións deixaron gravadas na pedra coa axuda de ósos ou pedras afiadas para tallar as figuras na rocha.
Aquí temos algunhas fotos das que analizamos na clase, a maioría da zona de Campo Lameiro , e outros de Mogor (MARÍN) :








Fixámonos en que os motivos adoitan ser animais (cervos, cabalos, vacas, serpes) , persoas en diferentes actividades de caza ou loita, ferramentas, e círculos, espirais e outras combinacións de formas, e pensamos no por qué deses debuxos e non outros. Así mesmo lancei a pregunta: ¿Qué deixaríamos agora gravado nas pedras?

Na excursión que fixemos hoxe á Fabrica de Froitos Secos "EL NOGAL", tamén paramos a visitar o Castro Penalba, no monte Agüeiros, da parroquia de San Miguel en Campo Lameiro. Trátase dun dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia e alí mesmo, nunha roca, atópase o petroglifo A pedra da serpe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario