xoves, 3 de abril de 2014

ARTE EN BURACOS: SEOANE


Esta semana sumamos á lista de artistas traballados este curso a LUIS SEOANE, un debuxante, pintor, grabador e escritor arxentino-galego que ten unha inmensa obra gráfica con referencias a Galicia, a través das paisaxes, as xentes, a historia, os costumes e tradicións. Ademais Seoane rendiu homenaxe á figura femenina e o seu rol tanto no campo laboral como familiar, como podemos ver na imaxe de abaixo.
No xogo de mirar polo buraco co sombreiro de pensar, estivemos a observar esta imaxe que corresponde a  Las mariscadoras (1969) :



Algunhas das hipóteses sobre o que estaría pintado na lámina foron:

- PERNAS
- AUGA
- CEO

O buraco foise facendo máis grande e finalmente xa case o tiñan adiviñado.

Constataron que o que primeiro vían eran brazos, non pernas, e axiña se deron conta que eran mulleres porque tiñan tetas. 

Con respecto a: Qué estan apañando? 

- PEDRAS
- ALGAS

E despois de pensar que cousas serven para comer que salgan do mar, sacamos por fin o MARISCO. E dentro deste os moluscos que se apañan así: ameixas, berberechos, navallas... Na imaxe só vemos boliñas negras e brancas...só Seoane o sabe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario