venres, 8 de novembro de 2013

SEMANA DO 4 AO 8 DE NOVEMBRO

Nova canción da mañá: Para dormir a un elefante

Artistas musicais (cada semana tras o recreo)
Coñecimos a Suite no.1 en Sol Mayor  de Johann Sebastian Bach, tamén coñecida como "Cello song" , unha peza moi bonita feita para un solo de violonchelo, que seguro vos soa de escoitar nalgún anuncio da tele. Algún soubo dicir que era un violonchelo e vimos a diferencia co violín en fotos. Agora saben que o cello é máis grande e haino que tocar sentado e colocado entre as pernas.



Tamén escoitamos unha versión deste clásico algo máis animada.


Recuncho do proxecto


Esta semana tivemos novas aportación do papá de Sara, que trouxo rochas de Zaragoza.


Foron 7 pedras que fomos observando, tocando, ulindo, e xogando a buscar parecidos razonables. Saíron cousas como: pan, nubes, triángulo, tarta con nata...Tamén se fixaron que unha delas é a máis grande que temos e chámanlle a xigante. Outra blanca din que pinta como xiz.

Eu tamén lles trouxen unha pedra da que xa falaramos e viramos nas fotos dos buscadores de pedras: Pedra pómez! Puideron comprobar a aspereza e o pouco que pesa comparado con tódalas que temos na aula. 


Fixeron hipóteses de por qué era a única que flotaba... e despois de comprobar que o tamaño non era a razón porque as pedras pequeniñas tamén se afundían, aprenderon que é porque está chea de aire,e ten moitos poros , porque se formou ao enfriar a lava moi rapido.


Tamén sacamos os xeos con pedriñas que conxelamos o venres pasado. Foi moi diver! Nos equipos foron tocando e observando e contamos o pouco tempo que tardaron en desfacerse comparado co que tardan en  conxelarse. A calor das mans facía que se desfixeran.  

Recuncho de superexploradores

Algúns tiveron ganas de plantar e ainda que non tiñamos sementes, usaron unha folla como planta. tiñan claro que precisaba auga e terra, pero estando seca, xa non vai medrar. Ao menos agora o testo non loce vacío e a folla ten onde estar.


                                                              
   Recuncho artístico



Descobriron gamas e tons de verdes xogando coas mesturas, as mans e os pinceis.




Actividades varias

- Xogamos nas mesas por equipos a " Acercar a pedra". Cada un ten unha pedriña pequena e no medio da mesa hai unha grande.Por turnos hai que lanzar a pedra coa man e tratar de achegala o máximo posible á grande. Despois probamos a lanzar só cun dedo, co codo, co nariz...

- Xogo de buscar "A pedra escondida". Un neno ou nena saía da aula mentres o resto escondíamos unha pedra nun lugar. Ao entrar todos facíamos un zumbido para guialo cara a pedra agochada. Canto máis próximos máis intenso o son, e máis lonxe, silencioso.


Magosto

- Elaboramos os envases persoais para meter as castañas o Venres na festa do Magosto na que participan as familias. Aproveitando a metade dun brick e decorando con papel de embalaxe e unha castaña colorida.

- Decoramos o mural conxunto de infantil que se puxo na entrada da escola, pegando follas secas a modo de chan.

- Fixemos o mural dos bolos para incluir este xogo na ronda de 4 xogos rotatorios do Venres antes da merenda das castañas.

- O Venres comimos e xogamos fóra na festa coas familias invitadas e colaboradoras nas brasas para asar castañas e chourizos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario