venres, 15 de novembro de 2013

SAN MARTIÑO PASAMOS, E Á ESCOLA VOLTAMOS!

Nova canción da mañá: A mi burro, a mi burro

Artistas musicais (cada semana tras o recreo): 


Esta semana escoitamos o "Outono" de Vivaldi, unha peza clásica e moi propia destas datas. O que máis lles gusta son os fortes contrastes na intensidade da melodía, como cambia de repente o volume de moi baixiño a máis alto. en xeral é unha melodía alegre, e anímanos. 

Recuncho de superexploradores

- Sorpedra sorpedra!

Levei pedras con musgo recollidas no entorno do Lago Castiñeiras para ver cómo nas pedras poden vivir seres.

Outro día levei unha pedra especial por algo. ¿por qué sería? Porque pesaba moitísimo! A máis pesada que temos ata agora. E por qué pesa tanto? Porque ten ferro dentro, un metal que a fai pesada.

A última pedra que vimos foi a Amatista, unha pedra preciosa de cor violeta que trouxen da casa como un recordo dunha viaxe de miña nai. Axiña a identificaron no poster de minerais e despois buscamos o país de procedencia no mapa: Brasil. Qué país tan grande comparado con España! e que xigante é o mundo visto no mapa que tanto nos custou colocar na aula.
 

- "A ver que pasa" 
Miramos a pel de laranxa que xa leva dúas semanas. Curiosamente aínda ule moi ben e non lle saiu moho como á mazá. O cambio principal foi poñerse moi moi dura. pregunteilles que se podía facer con esa monda, se se podía comer. Dixeron que non porque era piel. Algún dixo que había que tirala. Eu suxerinlles usalas para facer perfumadores de roupa, colonia, ou para crear obras de arte, cortándoa en anacos que xa eles mesmos fixeron coas mans.

- Tamén temos novo experimento: meter un ovo en vinagre e a ver que lle pasa o luns cando cheguemos á clase. Apostas: que vai sair un poliño, que vai romper, que cambiará de cor..

Recuncho matemático

Co cartón da caixa de pegamentos da clase, fixen un xogo de pezas insertables para xogar a construir esculturas con volume.Desde 2 ata as que poidan apoiarse e sosterse, xogaron a crear.



Recuncho das palabras

Xogando a crear e escribir palabras de diversas tarxetas con letras de madeira móviles, con letras móviles tamén pero impresas en cartulina e con velcro, ou a escribir eles mesmos na pizarra con rotuladores.








Actividades varias
- Excursión -
Fomos de excursión a Vigo a ver unha obra de teatro da compañia coruñesa Elefante Elegante, que fai teatro visual dirixido a público infantil, basado sobre todos nos xestos e movementos e enriquecido con música, danza, luces e outras manifestacións plásticasA obra titulábase Nuncabunga, un espectáculo cómico e poético sen palabras , que pesar de que os asentos non permitían aos nenos ver ben, foron capaces de entender, xa que o día seguinte na clase, entre todo lembramos a historia e contamoslla aos que non puideron vir.

Un collage de emocións-

Coa colaboración das familias e dentro dun programa para traballar a Intelixencia emocional na etapa, fixemos por equipos un mural/collage de cada unha das 4 emocións básicas: tristeza, alegría, enfado e medo. Unha vez acabados os 4 collages, comentamos un por un na asemblea para que cada un explicase a foto ou debuxo que trouxo da casa e entre todos falar desas emocións e de como as identificamos. Seguiremos usándoos para cando xurdan conflitos e para o "sombreiro de pensar" no que falaremos máis a fondo de cada un desas emocións, das cousas que nos provocan sentirnos así e do que podemos facer para controla-las.



 
- Todos contamos -

En colaboración co grupo de 5 anos da nosa escola estamos a facer unha actividade á que chamamos "Todos contamos" e que consiste en contarse contos dun grupo a outro. A idea é que o grupo prepara o conto e decide a maneira de contalo tratando de empregar diferentes técnicas e recursos nas diferentes sesións. Esta semana fomos nós de invitados á aula dos delfins de 5 anos para ver o conto "A figueira de Pelos Tortos", que prepararon con imaxes escaneadas e voces gravadas por eles.

Como a próxima semana tócanos a nós presentar un conto, estivemos a preparar o de 
"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" .

Imos facelo cantado, tal e como aparece neste vídeo que a eles tanto lles gusta: 


Xa asignamos os papeis de animais e creamos as cacas de pomba, vaca e lebre e decidimos usar para a do cabalo as noces, e para a cabra as castañas. Para porco e toupiña hai que facelas aínda. 



1 comentario:

  1. Gracias por entrar de puntillas en vuestro día a día. Aprenden divirtiéndose y a mí me encanta.

    ResponderEliminar